
A casa
Mar no Camiño, é un apartamento de aluguer completo situado no Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, no lugar de Camiños Cháns (Cee).
Restaurouse unha casiña na que tempo atrás residiu parte da familia e que está situada nunha leira de 250 metros cadrados adornada con xardíns, cipreses, enredaderas, flores e con mobles de exterior (tumbonas, mesas e cadeiras, pérgola...).
No interior ten unha habitación con cama de 1,50 de ancho, cuarto de baño completo, sala de estar con cheminea de leña, cociña completamente equipada e unha bañeira con vistas á ría de Corcubión.
Instalacións
Climatización frío-calor, televisión de pantalla plana.
Baño completo con secador de pelo, dosificadores de xel, champú, acondicionador e crema de mans.
Bañeira con vistas ao mar.
Sala de estar con cheminea de leña (leña gratuíta incluída), pequeno comedor con vista ao xardín e ao mar.
Terraza e mobles de exterior.
Sofá cama dobre.
Documentación e información sobre a zona.
Wifi gratuíta.
Admítense mascotas.
Precios Casa rural Completa
Tempo | Tempada Alta 01/07 ao 31/08, pontes, festivos e Semana Santa |
Tempada Baixa Resto do ano |
---|---|---|
Unha semana (7 noites) | 840.00€ | 700.00€ |
Período mínimo duas noites | 240.00€ | 200.00€ |
Reservas
Poden realizar a reserva da casa completa mediante tres posibles procedementos:
1.- Por teléfono chamando a calquera dos números (0034) 617889641 - 666393628
2.- Por mail, solicitando información a info@marnocamino.es
3.- Ou utilizando o seguinte formulario de reserva on- line: