
El Mar en Lola é unha casa con marabillosas vistas ó mar no pobo de Corcubión, na chamada Costa da Morte. Ten catro habitacións (dúas de elas son contiguas), tres cuartos de baño, terrazas, xardín, mobles de exterior e o mar sempre presente. Está situada na parte alta do pobo.
Temos un pequeno chill-out resgardado da choiva con movles de exterior e unha barbacoa.
Cociña completamente equipada con tódolos electrodomésticos necesarios.
Zona de lavado con secadora, lavadora e tendedeiro.
O centro do pobo está a 300 metros e poden chegar andando polas suas rúas centenarias. Nel encontrarán unha boa oferta gastronómica con restaurantes (a maioría deles con terraza exterior), bares, supermercados, quiosco, mercado municipal, pequenas tendas de ultramarinos, panadería....
A praia do pobo chamada praia de Quenxe está a1km de distancia e chegarán a ela bordeando o paseo marítimo ou si o prefiren en coche.Tamen temos unha pequena cala a 50 metros da casa perfecta para un chapuzón nos soleados días do verán.
A desfrutar!
Precios Casa rural Completa
Tempo | Tempada Alta 01/07 ao 31/08, pontes, festivos e Semana Santa |
Tempada Baixa Resto do ano |
---|---|---|
Período mínimo duas noites | 400.00€ | 360.00€ |
Unha semana | 1400.00€ | 1260.00€ |
Reservas
Poden realizar a reserva da casa completa mediante tres posibles procedementos:
1.- Por teléfono chamando a calquera dos números (0034) 617889641 - 666393628.
2.- Por mail, solicitando información a info@casadecarmen.es
3.- Ou utilizando o seguinte formulario de reserva on- line: