Actividades preto da casa rural
Nas proximidades da casa, hai centros de turismo activo nos que se pode practicar entre outros deportes: piragüismo, tiro con arco, escalada, prácticas de voo (ultraligeros, paracaidismo, etc.), paseos dacabalo, paintball, submarinismo, rutas en bicicleta, descenso de barrancos, rutas en quad, salto desde pontes, etc.
Así mesmo hai escolas de vela nas que se imparten cursos de kayacs, vela lixeira, windsurfing, etc.
Casa de Carmen ten un acordo cun club de vela local que consiste en realizar un paseo en veleiro ou en kaiak pola Ría de Corcubión de hora e media de duración. Suxeito a climatoloxía reinante. Consultar prezos.
Ligazóns de interese sobre a Costa da Morte
Actividades de turismo activo | http://www.naturmaz.com |
Actividades de turismo activo | http://www.cataventos.net |
Corcubión | http://www.corcubion.gal |
Costa da Morte | http://www.costadelamuerte.com |
Dumbría | http://www.dumbria.com |
Fisterra | http://www.concellofisterra.com |
Paseo en barco pola Ría de Corcubión | http://www.crucerosfisterra.com |
O camiño dos Faros | http://www.caminodosfaros.com/ |
Ézaro
Neste pobo está a fervenza do río Xallas de 40 metros de altura, é o único río europeo que desemboca en caída ao mar. No verán os sábados pola noite ilumínase a fervenza. Tamén podemos subir ao miradoiro para poder ver a desembocadura do Xallas e contemplar en toda a súa magnitude o impresionante Monte Pindo.
Monte Pindo
Ruta de sendeirismo de ascensión á Moa, subida de nivel medio de aproximadamente dúas horas e media de duración. O máis mítico dos montes galegos, coas súas lendas, sacrificios, excomuniones, petróglifos, ritos de fecundidade, fortalezas, etc. Contemplaremos ademais as estrañas formas das súas rocas nas que adiviñaremos monstros, animais,etc.
Corcubión
Vila histórica, conxunto histórico - artístisco e municipio de interes turístico. O centro histórico e o trazado da vila é o mellor conservado de toda a Costa da Morte. Na segunda quincena de xullo celébrase un dos mercados medievais máis importantes da provincia da Coruña.
Faro Fisterra
Está a 12 quilómetros da casa. O fin do Mundo. A destacar as súas praias: Mar de Fóra, Rostro, A Serra ( Calcoba)...
Praia de Carnota
A máis longa de Galicia, nela atoparemos un lugar idílico, "A Boca do Río", desembocadura do río Valdebois na praia de Carnota cunhas vistas preciosas ao Monte Pindo, á praia e á lagura de Carnota.